Batalla de Neopatras

Batalla de Neopatras
Parte de Guerras bizantino-latinas

Mapa do Imperio bizantino e os estados veciños en 1265.
Data 1272/1273 ou 1274/1275
Lugar Neopatras (actual Ypati en Ftiótide, Grecia)
Coordenadas 38°52′N 22°14′L / 38.867, -22.233
Resultado Derrota bizantina
Belixerantes
Imperio Bizantino Tesalia
Ducado de Atenas
Líderes
Xoán Paleólogo
Aleixo Cabalario 
Xoán de Tesalia
Xoán I de la Roche
Forzas en combate
~30.000 homes 300-500 homes

A Batalla de Neopatras librouse a principios de 1270 entre o exército bizantino que estaba a cercar a cidade de Neopatras (actual Ypati, Grecia) e as forzas de Xoán I Ducas, o gobernante de Tesalia. Xoán Ducas foi tomado por sorpresa na súa capital polas tropas bizantinas, pero conseguiu escapar ao disfrazarse como un cabaleiro, e dirixiuse cara ao Ducado de Atenas. Aí, aliouse con Xoán I de la Roche, e regresou cun exército latino, atacando por sorpresa o campamento bizantino. A pesar de que o seu exército era numericamente inferior, Xoán I Ducas obtivo unha esmagadora vitoria sobre o desorganizado exército bizantino.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search